O 80% dos mozos e mozas das entidades Down en Galicia aproban as oposicións convocadas pola Administración central

Un total de 31 persoas pertencentes ás entidades Down en Galicia aprobou o exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual, o que supón un 77,5% de aprobados en relación ó total de presentados (40). Esta proba, que se celebrou o pasado 11 de xuño na Facultade de Ciencias…

Fundación Repsol apoia a inclusión educativa do alumnado coa síndrome de Down

A Fundación Repsol, a través da iniciativa “Más que palabras” colabora con 6.000 euros no desenvolvemento do proxecto “Unha escola para tod@s: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia leva a cabo a través das súas entidades membro. O seu principal obxectivo é promover e facilitar a inclusión…

Fundación Iberdrola España apoia a inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Fundación Iberdrola España, a través da súa Convocatoria 2015 de Axudas Sociais, aporta 40.000€ ao proxecto “Talento profesional: Emprego con apoio para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia desenvolve nos seus 7 centros de traballo nas principais cidades galegas (Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo), estendendo así…

A Real Academia Galega modifica e suprime do seu dicionario varias palabras ofensivas referidas á síndrome de Down

Tomando como punto de partida unha petición de Down Galicia, a Real Academia Galega decidiu, tras unha reunión do seu Seminario de Lexicografía, suprimir ou modificar varias palabras ou acepcións pexorativas referidas á síndrome de Down. Trala análise en profundidade destes termos, Down Galicia decidiu que a primeira reclamación se centrase na definición de “síndrome…

A Xunta de Galicia financia a contratación de dúas persoas desempregadas en centros de traballo de Down Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou a contratación de dúas persoas no marco do Programa de activación para o emprego 2015-2016. Estes dous técnicos, que desempeñaron o seu traballo na área de emprego dos centros de traballo que Down Galicia ten nas cidades de Ferrol e Pontevedra, foron contratados a xornada completa durante…

Down Ourense e a Fundación San Rosendo asinan un convenio de colaboración para favorecer a inserción sociolaboral de persoas coa síndrome de Down

O presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela Varela, e a presidenta da Asociación Down Ourense, Mara Prieto Fortes, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co fin de promover a integración sociolaboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. Este acordo amplíase ao Grupo Caldaria, pertencente á Fundación San Rosendo…

Unhas 1.500 persoas esixen fronte ó Congreso o dereito ó voto para case 100.000 persoas con discapacidade que non o teñen recoñecido

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), xunto ás súas entidades membro, celebrou este venres unha concentración cívica fronte ao Congreso dos Deputados para esixir o dereito ao voto de case 100.000 persoas con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva que non o teñen recoñecido na actualidade, e para reclamar que…