Sonora ovación dun repleto Salón Teatro trala representación do Grupo de Teatro Down Compostela

O Grupo de Teatro Down Compostela volveu conseguir o pasado sábado unha prolongada ovación dos máis de 270 espectadores que asistiron á representación de “Arturo, Arthur, Artur”, escrita e dirixida por Lucas Herrador. O Salón Teatro de Santiago encheu o seu aforamento para ver a estrea da novena obra que interpretan mozas con síndrome de…

O Grupo de Teatro Down Compostela presenta o sábado no Salón Teatro a súa particular visión da lenda do Rei Artur

Que terá o rei Artur que tanto nos atrae? Cada certo tempo estréase ou publícase algo relacionado co monarca inglés que pretende dar unha visión definitiva sobre o personaxe e os acontecementos que lle rodean. O Grupo de Teatro Down Compostela quedouse cativado pola lenda e o vindeiro sábado, día 17, estrea no Salón Teatro…

Mónica Otero: “Premiamos ás persoas e entidades que nos axudan a construír unha sociedade máis xusta”

Mónica Otero reivindicou esta noite os dereitos das persoas coa Síndrome de Down e animou aos asistentes á gala de entrega dos Premios Down Compostela a “tomar conciencia de que sen a vosa axuda, a normalización da vida das persoas con discapacidade nunca será completa”. “Hoxe queremos premiar ás persoas e entidades que nos axudan…

Down Compostela e Fundación Vodafone España presentan un proxecto de formación para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Fundación Down Compostela e Fundación Vodafone España presentaron ‘Enreda2’, unha iniciativa cuxo obxectivo é poñer en contacto a empresarios da zona e mozos e mozas coa síndrome de Down co obxectivo de que dialoguen e intercambien opinións sobre os beneficios que ten a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual, tanto para este colectivo…

‘Los Hosteleros Modélicos’, de Down Compostela, gañan o V Campionato de Baristas Down de Galicia

O equipo “Los Hosteleros Modélicos”, da Fundación Down Compostela, proclamouse na tarde de onte gañador do V Campionato de Baristas Down de Galicia, ó impoñerse aos seus compañeiros “Los Veraniegos”, de Down Vigo, na competición celebrada na terraza do Restaurante Porta Faxeira. Promovido pola empresa Cafento, esta iniciativa pioneira no mundo, pretende demostrar a profesionalidade…

Mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse como especialistas en café para o V Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo, coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva na profesión barista, para poder exhibir os seus coñecementos no V Campionato Barista de Galicia, que se celebrará o domingo 2 de outubro na terraza do restaurante Porta Faxeira…