Down Compostela apoia o recurso ante o Tribunal Constitucional para restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade

A Fundación Down Compostela, a Federación Down España e o CERMI Estatal manifestaron o seu apoio á familia de Mara G.C. e manifestado o seu respaldo ao recurso de amparo que anuncian ante o Tribunal Constitucional para que o Alto Tribunal repoña o dereito ao voto á moza con discapacidade intelectual. O presidente de Down…

Down Compostela e Vodafone España presentan a segunda edición de “Yo me prep@ro”

A Fundación Down Compostela e a Fundación Vodafone España presentaron onte no Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar a empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Santiago de…

Os V Premios Down Compostela reclaman autonomía persoal e oportunidades laborais para as persoas con trisomía 21

Autonomía persoal e oportunidades laborais. Ambas reivindicacións convertéronse o pasado luns en obxectivos irrenunciables en boca dos participantes na gala de entrega dos Premios Down Compostela que a Fundación compostelá entrega cada ano ás institucións, entidades e persoas que contribúen a “mellorar a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual”.…

Elías, Carlota e Pamela iniciaron con ilusión as prácticas formativas na Xunta de Galicia

Ilusionados e con ganas de demostrar a súa capacidades. Así iniciaron o pasado martes as súas prácticas formativas na Xunta de Galicia Elías Ledo, na Presidencia do goberno autonómico; Carlota Rodríguez, na Vicepresidencia, e Pamela Casagrande, no departamento de Política Social. Estas prácticas enmárcanse no convenio asinado o pasado 19 de febreiro entre a Consellería…

Martiño Noriega comprométese a incluír cláusulas sociais nos contratos do Concello de Santiago

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, departiu esta mañá con algúns dos mozos que acoden habitualmente a Down Compostela durante a visita a institución que realizou á sede da Fundación, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. O alcalde coñeceu de primeira man as necesidades da Fundación e as inquietudes das persoas con trisomía…

O equipo “Los playeros” de Down Vigo gaña o IV Campionato de Baristas Down

O equipo Los Playeros, da Asociación Down Vigo, foi o gañador do IV Campionato de Baristas Down que se celebrou o pasado domingo na terraza do restaurante Porta Faxeira, mentres que Los Baristas Increíbles, da Fundación Down Compostela, conseguiu o segundo posto. Todos eles foron premiados cunhas prácticas laborais en establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela e…

Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva como baristas. Durante estes días prepararanse para a competición que terá lugar o vindeiro domingo na terraza do restaurante santiagués Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50), onde se celebrará o IV Campionato Barista Down de Galicia. Os…

O Presidente da Xunta aposta por ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na súa visita a Down Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, defendeu esta mañá na súa visita a Down Galicia e Down Compostela, a necesidade de apostar pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. “Son traballadores serios, responsables, que responden, e é necesario abrir un pouco máis o mercado laboral, tanto…