Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva como baristas. Durante estes días prepararanse para a competición que terá lugar o vindeiro domingo na terraza do restaurante santiagués Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50), onde se celebrará o IV Campionato Barista Down de Galicia. Os…

O Presidente da Xunta aposta por ampliar a oferta de emprego público para persoas con discapacidade intelectual na súa visita a Down Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, defendeu esta mañá na súa visita a Down Galicia e Down Compostela, a necesidade de apostar pola inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. “Son traballadores serios, responsables, que responden, e é necesario abrir un pouco máis o mercado laboral, tanto…

Pedro Diz, o Instituto As Fontiñas e Limpiezas Salgado, distinguidos cos Premios Down Compostela 2015

O traballo no campo da investigación sanitaria e a atención clínica, a aposta pola inclusión escolar e a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade foron os méritos que o Padroado da Fundación Down Compostela tivo en conta para entregar a Pedro Diz, ao Instituto de Secundaria As Fontiñas de Santiago, e a Limpiezas Salgado os Premios Down Compostela…

Down Compostela acada 10.000 euros nos premios Territorios Solidarios de BBVA

O proxecto “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down”, da Fundación Down Compostela, foi un dos galardoados en Galicia con 10.000 euros nos Premios Territorios Solidarios convocados por BBVA, e que se entregaron no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. “Capacitadas. Formación integral de nenas coa Síndrome de Down” abarca unha…

Alemao entrega a mozos e mozas de Down Compostela carnés de abonado para ver os partidos do Santiago Futsal

Santiago Futsal, club compostelán que milita na División de Honra do fútbol sala español, elixiu as instalacións da Fundación Down Compostela para presentar como os primeiros embaixadores da entidade a dous históricos do club, o xogador hispano brasileiro Alemao e o adestrador salmantino Tomás de Dios. Tras a presentación, Alemao entregou a mozos e mozas…

Pamela Casagrande anima aos empresarios de Santiago a contratar persoas coa síndrome de Down

“O traballo apórtame enerxía e felicidade e permíteme demostrar que podo facer ben as cousas. Eu animo aos empresarios a que nos contraten”. Con esta frase resumiu Pamela Casagrande, moza coa síndrome de Down, a súa experiencia no mercado laboral no acto celebrado na Cámara de Comercio de Santiago, durante o que a Fundación  Mapfre…

Fundación Mapfre promove a inserción laboral de persoas con discapacidade

Preto de 15 empresas que desenvolven a súa actividade en Santiago asistiron a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade…

O Pazo de Fonseca acolle a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

Ata o vindeiro 20 de setembro poderá visitarse a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade coa colaboración de Down Galicia. Componse de 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos…