III Edición dos Premios Down Compostela

A profesora do colexio Pío XII de Santiago, María García Quintas, a empresa biomédica Keramat e a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, foron os galardoados nesta edición. Na gala de entrega organizada pola Fundación Down Compostela no Hostal dos Reis Católicos, os mozos e mozas con trisomía 21 tiveron un papel protagonista. Carlota…

Down Compostela pide ao Colexio de Avogados o seu apoio para conseguir dereitos efectivos para as persoas con discapacidade

A Fundación Down Compostela  pediu o apoio do colectivo de xuristas para conseguir “que a igualdade de dereitos teóricos das persoas coa Síndrome de Down se leve á práctica e a discapacidade non sexa motivo de discriminación legal”. A reivindicación de “dereitos efectivos para todos, non só no papel” fíxoa o presidente de Down Compostela,…

Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a orde que regulará a acreditación da carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal se publicará en breve. Esta foi unha das demandas que lle formularon esta mañá os presidentes da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e da Fundación Down Compostela, Juan…

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome…