Os mozos e mozas de Down Compostela elixen a Elías Ledo para representalos no Padroado da Fundación

Elías Ledo Fernández, con 17 votos, foi o gañador das eleccións convocadas entre os mozos e mozas maiores de idade de Down Compostela para representar ás persoas con discapacidade no Padroado da Fundación. Nos comicios participaron outros dous candidatos: Adrián Cutrín, que conseguiu 14 votos, e Yone Zas, que logrou 10. Os tres aspirantes coincidiron…

Juan Carlos e Álex cumpren o seu desexo de coñecer a Vicente del Bosque

Coñecer ao seleccionador español de fútbol, Vicente del Bosque, era un dos soños dos mozos da Fundación Down Compostela, Juan Carlos Castiñeiras e Alex Lado. Conseguíreno grazas ao programa “Desexos cumpridos” da Televisión de Galicia, cuxa finalidade é cumprir algúns dos soños dos convidados ao espazo televisivo. Encontráronse con Del Bosque na Ciudad del Futbol de Las Rozas, lugar de…

III Edición dos Premios Down Compostela

A profesora do colexio Pío XII de Santiago, María García Quintas, a empresa biomédica Keramat e a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, foron os galardoados nesta edición. Na gala de entrega organizada pola Fundación Down Compostela no Hostal dos Reis Católicos, os mozos e mozas con trisomía 21 tiveron un papel protagonista. Carlota…

Down Compostela pide ao Colexio de Avogados o seu apoio para conseguir dereitos efectivos para as persoas con discapacidade

A Fundación Down Compostela  pediu o apoio do colectivo de xuristas para conseguir “que a igualdade de dereitos teóricos das persoas coa Síndrome de Down se leve á práctica e a discapacidade non sexa motivo de discriminación legal”. A reivindicación de “dereitos efectivos para todos, non só no papel” fíxoa o presidente de Down Compostela,…

Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a orde que regulará a acreditación da carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal se publicará en breve. Esta foi unha das demandas que lle formularon esta mañá os presidentes da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e da Fundación Down Compostela, Juan…

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome…