A Deputación da Coruña colabora na mellora dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou, no ano 2016, unha achega de 3.196,92 euros ao Proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membro. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipamentos informáticos, así como sistemas de almacenaxe de datos acordes cos requisitos de seguridade…

Máis de 70 persoas de entidades Down en Galicia participarán nas primeiras oposicións para persoas con discapacidade intelectual

Un total de 71 persoas de tódalas entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 8 de abril, ao exame das oposicións convocadas pola Xunta de Galicia para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, corresponde á primeira fase do proceso selectivo para o ingreso como…

As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

A Praza da Pedreira de Pontevedra foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e por Down Pontevedra “Xuntos” para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Baixo o lema “Incluír é construír”, as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual reclamaron, un ano máis, os seus dereitos e defenderon a riqueza…

Down Galicia, USC e Valedor do Pobo promoven unha xornada sobre os desafíos dos dereitos das persoas con discapacidade

Down Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a institución do Valedor do Pobo organizaron de maneira conxunta a xornada “O desafío dos dereitos das persoas con discapacidade”, que tivo lugar o pasado 14 de marzo na sala de xuntas do Decanato da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela. A inauguración da mesma…

A Xunta de Galicia financia a contratación de 13 persoas desempregadas para postos técnicos da Federación

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou a contratación de 13 persoas durante o pasado exercicio 2016 para desempeñar postos de carácter técnico na Federación Down Galicia e nos seus centros de traballo. Do total das persoas contratadas, 1 delas asinaron contratos a xornada completa durante un…

A recente sentenza do Constitucional sobre o IRPF podería deixar a sete millóns de persoas nun “limbo administrativo”

Fai menos dun ano, as entidades sociais aplaudían a sentenza do Tribunal Supremo que garantía ás entidades de ámbito estatal a distribución de fondos derivados do 0,7% de IRPF destinado ás actividades das organizacións do Terceiro Sector. Agora, en recente sentenza, o Tribunal Constitucional deu parcialmente a razón á Generalitat de Cataluña cando recorreu esta…

Down Galicia e Arume acordan promover a formación e a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia ven de firmar un convenio de colaboración coa empresa de restauración ARUME. Este convenio enmárcase dentro do programa “Emprego con Apoio”, liderado por Down Galicia para fomentar a formación e a inserción no mercado laboral ordinario dos participantes, persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Arume súmase así a esta…