Campaña “Un placaje por la inclusión”

Down España e a Fundación Sanitas lanzan, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a campaña “Rugby inclusivo, un placaje por la inclusión”, para impulsar a práctica conxunta deste deporte entre persoas con e sen discapacidade. O deporte inclusivo consiste en practicar un deporte entre persoas con e sen discapacidade. É altamente recomendable,…

O proxecto de información, asesoramento e orientación laboral beneficia a máis de cincuenta mulleres con discapacidade

Co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, Down Galicia desenvolveu entre os meses de febreiro e novembro de 2014 un proxecto de “información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego”. Este proxecto tivo por beneficiarias a 51mulleres con discapacidade intelectual e/ou síndrome…

Atresmedia e Santillana premian o programa de educación de Down Galicia

O vicepresidente de Down Galicia, Manuel Pérez Cabo, recolleu a mención especial coa que a Fundación Atresmedia e Santillana galardoaron o proxecto “Inclusión escolar de nenos con discapacidade intelectual na escola ordinaria, presentado por Down Galicia. Trátase do proxecto educativo que Down Galicia realiza para promover e facilitar a inclusión escolar, a través de accións…

Pamela Casagrande anima aos empresarios de Santiago a contratar persoas coa síndrome de Down

“O traballo apórtame enerxía e felicidade e permíteme demostrar que podo facer ben as cousas. Eu animo aos empresarios a que nos contraten”. Con esta frase resumiu Pamela Casagrande, moza coa síndrome de Down, a súa experiencia no mercado laboral no acto celebrado na Cámara de Comercio de Santiago, durante o que a Fundación  Mapfre…

Fundación Mapfre promove a inserción laboral de persoas con discapacidade

Preto de 15 empresas que desenvolven a súa actividade en Santiago asistiron a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade…