Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

Trátase dunha lei segregadora que establece itinerarios excluíntes e que selecciona e clasifica ao alumnado, perdendo a Educación o seu carácter compensador. Provoca, ademais, un retroceso irreversible nos pasos e avances acadados en materia de integración escolar. A introdución das reválidas (5 probas externas: en 3º e 4º da ESO e ao acabar o Bacharelato)…

O Terceiro Sector de Acción Social galego reúnese coa Conselleira de Traballo e Benestar

Representantes da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) mantiveron un encontro coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para analizar a situación de temas como a Lei de Inclusión, a xestión dos Fondos Estruturais 2014 – 2020, e a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública de servizos sociais. Sobre este último asunto, EAPN-Galicia…

Premio “Traballo Digno” para Down Galicia

A Fundación Luis Tilve outorgou a Down Galicia o Premio “Traballo Digno” 2013 por constituír, a través do programa Emprego con Apio, unha referencia do que debe ser un traballo digno para todos, axudando a unha mellor inclusión social do colectivo de persoas que representa. Na mesma edición tamén resultaron galardoados a Asociación Equus Zebra,…

Clausura do programa de prácticas de BBVA

David Conde, director comercial da Territorial Noroeste de BBVA; e Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia; entregaron os diplomas certificativos do programa de prácticas formativas de BBVA aos 33 membros da Federación Down Galicia que participaron ao longo de 2013 nesta iniciativa, cuxo obxectivo é promover a inclusión socio-laboral das persoas con discapacidade. Grazas a…

A promoción da autonomía das persoas coa síndrome de Down precisa dun cambio de mentalidade a nivel social e profesional

Esta é unha das principais conclusións acadadas na xornada de formación dirixida ao equipo profesional de Down Galicia, co obxectivo de facilitar a promoción efectiva da autonomía e da autodeterminación das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Esta acción formativa foi impartida por Fausto García Rey, director de recursos de relacións internas na…

As ONG galegas piden medidas efectivas para loitar contra a desigualdade e a exclusión social

A Rede Galega contra a Pobreza, EAPN-Galicia, aprobou, en asemblea xeral extraordinaria, un ambicioso plan de actuación no que se aposta firmemente pola defensa dos dereitos sociais, a participación, a inclusión e o empoderamento das persoas. As 125 entidades que forman parte de EAPN-Galicia consideran que son necesarios máis esforzos para lograr reducir as cifras…