Rosa María Calaf, Carlos Susías e a Fundación Civio, entre os relatores do Foro sobre Pobreza e Exclusión Social

A xornalista Rosa María Calaf, o presidente de EAPN España, Carlos Susías, e a directora da Fundación Civio, Cristina Moreno Alborán, están entre os máis de corenta relatores que participarán no IV Foro de Capacitación sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado os días 9 e 10 de outubro en Compostela. A cita, organizada…

Preto de 200 persoas participan na Xornada de Aprendizaxe Cooperativa

Down Galicia vén de celebrar, na pasada fin de semana, a Xornada “Aprendizaxe Cooperativa. Unha escola para tod@s” na que participaron profesionais docentes, de orientación e directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Consellería de Educación, así como técnicos de educación das entidades Down. Trátase dunha acción formativa homologada pola propia Consellería…

As Entidades Down reforzan a formación dixital do seu equipo profesional

A Federación Down Galicia organiza, en colaboración co Progama de Voluntariado Dixital da Xunta (VolDix), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Voluntariado, unha formación sobre manexo básico en ferramentas ofimáticas e follas de cálculo para os traballadores e traballadoras das súas entidades membro. Trátase dunha formación…

Un proxecto para dinamizar a base social de Down Galicia, entre os catorce financiados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta

Catorce proxectos de entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia foron seleccionados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, que os financiarán cun total de 150.000 euros. Trátase da primeira convocatoria de proxectos impulsada conxuntamente por ambas entidades, e que foi creada para complementar os beneficios do programa Más Social. O obxectivo é facilitar apoio…

A Fundación Mapfre apoia a formación das persoas coa síndrome de Down para mellorar a súa empregabilidade

A Fundación Mapfre achegou 5.000 € ao proxecto formativo denominado “Formación teórico-práctica de personas coa síndrome de Down no sector agrario e servizos” que puxo en marcha Down Galicia en colaboración coas súas entidades membro. Este proxecto constaba de 6 modalidades diferentes segundo o perfil profesional impartido nas localidades nas que se executou, de forma…