Down Galicia demanda que non se restrinxa a accesibilidade das persoas con dificultades á FP Básica

Down Galicia, como entidade representativa dun colectivo que leva máis de 15 anos loitando pola inclusión educativa de todas as persoas, vén de presentar unha serie de achegas ao borrador do decreto que regula a Formación Profesional Básica. As achegas refírense, fundamentalmente, á necesidade de que dito decreto recolla todas as medidas precisas para garantir…

O Servizo de Orientación Laboral supera o millar de accións durante o pasado exercicio

Contabilizáronse 1.125 accións de orientación para un total de 325 persoas con discapacidade intelectual en busca activa de emprego. As accións desenvolvéronse no período que abarca desde febreiro de 2013 a xaneiro de 2014, incrementando nun 12,8% o número de persoas atendidas con respecto ao período anterior. As accións de orientación realizadas van encamiñadas a…

Down Galicia considera a LOMCE unha carreira de obstáculos que condena ao fracaso ás persoas con máis dificultades

Trátase dunha lei segregadora que establece itinerarios excluíntes e que selecciona e clasifica ao alumnado, perdendo a Educación o seu carácter compensador. Provoca, ademais, un retroceso irreversible nos pasos e avances acadados en materia de integración escolar. A introdución das reválidas (5 probas externas: en 3º e 4º da ESO e ao acabar o Bacharelato)…