Down Galicia e a Consellería de Educación asinan un convenio para favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Román Rodríguez González, conselleiro en funcións de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron esta mañá un convenio para establecer as condicións da colaboración entre a Consellería e a Federación (xunto coas súas entidades membros) nas accións e actividades dirixidas á mellora da atención educativa ó alumnado coa…

A Consellería de Política Social apoia a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down en Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 2.250,78€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de…

Aberto o prazo de inscrición para a Xornada “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva”

A Federación Down Galicia organiza o vindeiro sábado 5 de novembro “Experiencias e Metodoloxías de Educación Inclusiva”, unha xornada de aprendizaxe para profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo desta formación, homologada pola Xunta de Galicia, é contribuír á mellora…

Down Galicia e a Consellería de Sanidade asinan un convenio para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade en funcións, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade das…

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de dúas persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil na Federación Down Galicia. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Esta achega, dun…

Down Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia asinan un convenio na procura dun envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down

O alzhéimer estase a converter xa no principal problema médico das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A necesidade de abordar medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable deste colectivo é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e…

Aberto o prazo de inscrición para a xornada sobre vida independente da Escola de Familias de Fundación Mapfre

O vindeiro sábado 8 de outubro terá lugar a xornada “Conectados somos máis autónomos. A tecnoloxía ó servizo da seguridade, a iniciativa e a vida independente”, organizado pola Escola de familias e discapacidade de Fundación Mapfre. Este acto, que se celebrará no Parador “Hostal dos Reis Católicos” de Santiago de Compostela, versará sobre a importancia…