A Xunta de Galicia financia a contratación de dúas persoas desempregadas en centros de traballo de Down Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou a contratación de dúas persoas no marco do Programa de activación para o emprego 2015-2016. Estes dous técnicos, que desempeñaron o seu traballo na área de emprego dos centros de traballo que Down Galicia ten nas cidades de Ferrol e Pontevedra, foron contratados a xornada completa durante…

Fundación Once apoia o proxecto de “Emprego con Apoio” de Down Galicia

Cunha achega de 5.500€, a Fundación Once colabora co proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral…

40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 40 persoas de todas as entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 11 de xuño, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso…

Feuvert aposta pola inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down

Feuvert, compañía líder no sector do mantemento do automóbil, é tamén un referente no campo da inclusión socio-laboral. Desde 2015 colabora, por propia iniciativa, co programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, mediante o que xa incorporaron ao seu equipo de traballo a 3 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Dúas…

A Deputación da Coruña continúa colaborando con Down Galicia no proxecto de “Emprego con apoio”

A Deputación da Coruña colaborou, durante o exercicio 2015, con Down Galicia cunha achega económica de 9.966,53 euros para o proxecto Emprego con Apoio. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 52 mozos e mozas con discapacidade intelectual, especialmente coa síndrome…

BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

O estadio de Balaídos foi escenario esta tarde dun partido moi especial, mozos e mozas da Federación Down Galicia e da Fundación Celta Integra enfrontáronse a empregados de BBVA nun encontro cheo de risas e bromas entre os adversarios. Ao comezo da xornada Marcos Fernández, director de zona de BBVA en Galicia Sur, en representación…