Down Ourense e a Fundación San Rosendo asinan un convenio de colaboración para favorecer a inserción sociolaboral de persoas coa síndrome de Down

O presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela Varela, e a presidenta da Asociación Down Ourense, Mara Prieto Fortes, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co fin de promover a integración sociolaboral das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual. Este acordo amplíase ao Grupo Caldaria, pertencente á Fundación San Rosendo…

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense asinou este venres  un convenio de colaboración coa Asociación Down Ourense co fin de promover e impulsar entre os seus asociados o programa “Emprego con apoio”, dedicado a desenvolver as habilidades sociolaborais de persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual, para aumentar as súas posibilidades de inclusión…

Día Mundial da Síndrome de Down

O Auditorio Municipal de Ourense, acollerá o 21 de marzo a partir das 19:00 horas, os actos do Día Mundial da Síndrome de Down.  Nesta edición, celebrarase un Acto institucional, seguido dunha gala musical e entregaranse os II Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado…

Iago Borges explica a súa experiencia laboral no encontro empresarial convocado pola Fundación Mapfre en Ourense

Preto de 15 empresas que desenvolven a súa actividade en Ourense asistiron hoxe nesta cidade a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade…

Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades

“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de…

Down Ourense lanza unha campaña de crowdfunding para acondicionar parte das súas novas instalacións

A Asociación Down Ourense acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding para obter fondos para acondicionar parte das novas instalacións, ás que prevé trasladarse no último trimestre do ano. Os cartos recadados destinaranse a dotar as aulas de formación do mobiliario básico para continuar desenvolvendo a labor educativa e de aprendizaxe necesaria para que as…