Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

Down Vigo, Serunión e a Federación olívica de pais e nais de alumnos (Foanpas) presentaron o pasado luns un convenio de colaboración a tres bandas que permitirá a varios mozos e mozas da Asociación realizar prácticas en comedores escolares da cidade. Mediante este acordo, a empresa de restauración colectiva financia horas formativas de auxiliar de monitor…

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado entrega as certificacións oficiais aos voluntarios xuvenís do proxecto de apoio á vida independente de Down Vigo

A Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou onte a oito mozos e mozas de entre 18 e 30 anos a certificación oficial do proxecto de voluntariado xuvenil de apoio á vida independente realizado en Down Vigo. Trátase dun programa que facilitou aos asociados da entidade o proceso de aprendizaxe de habilidades…

Down Vigo e Fundación Vodafone España presentan a segunda edición do programa “Yo me prep@ro”

Down Vigo e Fundación Vodafone España presentaron onte na Cámara de Comercio de Vigo “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar a empresarios e á sociedade en xeral dos beneficios da inserción laboral das persoas con síndrome de Down. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Vigo, así como persoas usuarias de…

O equipo “Los playeros” de Down Vigo gaña o IV Campionato de Baristas Down

O equipo Los Playeros, da Asociación Down Vigo, foi o gañador do IV Campionato de Baristas Down que se celebrou o pasado domingo na terraza do restaurante Porta Faxeira, mentres que Los Baristas Increíbles, da Fundación Down Compostela, conseguiu o segundo posto. Todos eles foron premiados cunhas prácticas laborais en establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela e…

Doce mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo fórmanse para o IV Campionato Barista de Galicia

Seis mozos e mozas de Compostela e seis de Vigo reciben esta semana unhas xornadas de formación intensiva como baristas. Durante estes días prepararanse para a competición que terá lugar o vindeiro domingo na terraza do restaurante santiagués Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50), onde se celebrará o IV Campionato Barista Down de Galicia. Os…

“Identidades” exponse na Coruña

O centro comercial Coruña The Style Outlets acolle ata o 31 de xullo a exposición ‘Identidades’, realizada por mozos e mozas de Down de Vigo en colaboración co grupo de deseñadores La Boîte Is. A exposición consta dunha liña de roupa e xoias, a través da cal dan a coñecer a súa creatividade e poñen…