Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

A entidade ourensana abordou os beneficios de terapias e actividades realizadas con animais como parte da intervención educativa en persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, expuxo as experiencias realizadas neste campo tanto a través de terapias con cabalos como de actividades puntuais con animais domésticos. No primeiro caso, o obxectivo da…

“Territorios Solidarios” premia o proxecto de educación inclusiva da Fundación Down Compostela

A través desta iniciativa solidaria, o BBVA concede 10.000 euros á entidade compostelá para apoiar a inclusión en centros educativos ordinarios de 42 alumnos coa síndrome de Down en 35 colexios de 30 concellos. A través deste programa finánciase parte do apoio específico e o profesorado especializado precisos para a súa adecuada formación académica. “Territorios…

Finaliza o programa de educación afectivo-sexual para persoas con discapacidade intelectual

Down Ourense vén de rematar o programa de educación afectivo-sexual para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual levado a cabo durante o último mes en colaboración co Centro Quérote+ desta cidade. No balance final desta colaboración, tanto o coordinador autonómico dos Centros Quérote+, Raúl Cadenas, como a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto,…