BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

O estadio de Balaídos foi escenario esta tarde dun partido moi especial, mozos e mozas da Federación Down Galicia e da Fundación Celta Integra enfrontáronse a empregados de BBVA nun encontro cheo de risas e bromas entre os adversarios. Ao comezo da xornada Marcos Fernández, director de zona de BBVA en Galicia Sur, en representación…

Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

Down Vigo, Serunión e a Federación olívica de pais e nais de alumnos (Foanpas) presentaron o pasado luns un convenio de colaboración a tres bandas que permitirá a varios mozos e mozas da Asociación realizar prácticas en comedores escolares da cidade. Mediante este acordo, a empresa de restauración colectiva financia horas formativas de auxiliar de monitor…

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense asinou este venres  un convenio de colaboración coa Asociación Down Ourense co fin de promover e impulsar entre os seus asociados o programa “Emprego con apoio”, dedicado a desenvolver as habilidades sociolaborais de persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual, para aumentar as súas posibilidades de inclusión…

Down Compostela e Vodafone España presentan a segunda edición de “Yo me prep@ro”

A Fundación Down Compostela e a Fundación Vodafone España presentaron onte no Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar a empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Santiago de…

Fundación Mapfre promove a inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia

Empresas que desenvolven a súa actividade en Ferrol asistiron o pasado xoves nesta cidade a un encontro empresarial organizado por Fundación MAPFRE. O obxectivo foi presentarlles o programa “Juntos Somos Capaces”, que leva a cabo esta entidade desde 2010 co fin de promover a formación ocupacional e a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual…

Vegalsa-Eroski lanza a súa nova marca comercial “We, a alegría da horta”

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski presentou hoxe na Coruña a súa nova marca “We, a alegría da horta”, coa que comercializará verdura cultivada na comunidade para promover a capacitación e inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual. A iniciativa, que se pon en marcha nas fruterías dos 99 supermercados Eroski/Center de Galicia, conta…

Elías, Carlota e Pamela iniciaron con ilusión as prácticas formativas na Xunta de Galicia

Ilusionados e con ganas de demostrar a súa capacidades. Así iniciaron o pasado martes as súas prácticas formativas na Xunta de Galicia Elías Ledo, na Presidencia do goberno autonómico; Carlota Rodríguez, na Vicepresidencia, e Pamela Casagrande, no departamento de Política Social. Estas prácticas enmárcanse no convenio asinado o pasado 19 de febreiro entre a Consellería…

Down Pontevedra “Xuntos” e Vodafone España presentan a segunda edición do programa “Yo me prep@ro”

Esta mañá Down Pontevedra “Xuntos” e Fundación Vodafone España presentaron no Pazo Mugartegui de Pontevedra “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar ao empresariado e a sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual. Na presentación tomaron parte representantes do tecido empresarial de Pontevedra, así como…