Fundación Once apoia o proxecto de “Emprego con Apoio” de Down Galicia

Cunha achega de 5.500€, a Fundación Once colabora co proxecto de “Emprego con Apoio” que Down Galicia, en colaboración coas súas entidades membro, leva a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia. Desta forma, persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual contan cunha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral…

40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 40 persoas de todas as entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 11 de xuño, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso…

A.E.M.P.E. e Down Pontevedra “Xuntos” asinan un convenio de colaboración para promover a inclusión socio-laboral

A Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra (A.E.M.P.E.) decidiu apostar por unha sociedade máis inclusiva coa firma dun convenio de colaboración con Down Pontevedra “Xuntos”, que promoverá a inclusión socio-laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A.E.M.P.E. comprométese por medio deste documento a dar difusión entre os seus…

O coworking pontevedrés “Espacio Arroelo” incorpora ó seu persoal a unha usuaria de Down Pontevedra “Xuntos”

Down Pontevedra “Xuntos” e “Espacio Arroelo” veñen de asinar un convenio de colaboración polo que unha usuaria da asociación pasou a formar parte do persoal do espazo de coworking a comezos do mes de maio. Cecilia Dos Santos incorporouse ó programa de Emprego con apoio de Down Pontevedra “Xuntos” no ano 2015 e desde hai unhas…

A Deputación da Coruña continúa colaborando con Down Galicia no proxecto de “Emprego con apoio”

A Deputación da Coruña colaborou, durante o exercicio 2015, con Down Galicia cunha achega económica de 9.966,53 euros para o proxecto Emprego con Apoio. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 52 mozos e mozas con discapacidade intelectual, especialmente coa síndrome…

Down Vigo, Serunión e Foanpas asinan un acordo para fomentar a inclusión laboral de persoas coa síndrome de Down

Down Vigo, Serunión e a Federación olívica de pais e nais de alumnos (Foanpas) presentaron o pasado luns un convenio de colaboración a tres bandas que permitirá a varios mozos e mozas da Asociación realizar prácticas en comedores escolares da cidade. Mediante este acordo, a empresa de restauración colectiva financia horas formativas de auxiliar de monitor…