Máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron cunha oportunidade laboral en 2015

No pasado exercicio 2015, un total de 108 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participantes no programa de emprego de Down Galicia tiveron a ocasión de traballar en empresas ordinarias da súa contorna. Grazas a estas oportunidades, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar de oficina, peón…

Down Coruña e Vegalsa crean “We La Alegría de la Huerta”

Down Coruña e Vegalsa presentaron a pasada semana un novo proxecto para promover a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no sector agrícola. “We La Alegría de la Huerta” conta coa colaboración da compañía de Hortalizas Roberto López e a Escola Politécnica Superior de Enxeñería Agrónoma da Universidade de Santiago…

“Adaptámonos de marabilla ó noso posto de traballo”. Ángeles Sabarís e Carmen García explican a súa experiencia laboral na presentación de Juntos Somos Capaces

Preto de 20 empresas que desenvolven a súa actividade nas Rías Baixas asistiron hoxe en Sanxenxo a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre que serviu como presentación do programa “Juntos Somos Capaces”. Trátase dun proxecto para promover a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental e que desde 2010 facilitou a…

La Caixa promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 28.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con Apoio para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na convocatoria de Inserción Sociolaboral 2014, enfocada á execución de proxectos de inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade social e persoas…

Down Ourense participa no XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo

Down Ourense participará nos próximos días no XV Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo. Estas xornadas xirarán en torno á formación, á orientación e ó emprego, factores considerados determinantes na vulnerabilidade social. Silvia Álvarez Fernández, responsable da área de emprego de Down Ourense, intervirá o vindeiro venres 27…

Down Coruña participa no proxecto Down Food

Trátase dun proxecto de formación integrador no que participan persoas con e sen discapacidade. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa pasan por capacitar aos participantes para a súa inclusión no mercado laboral, dotar de novos recursos e habilidades persoais apoiando os programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña, e concienciar á opinión pública…

O Concello de Agolada colabora na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Un membro da Asociación Down Lugo realiza prácticas prelaborais no Concello de Agolada grazas a un convenio entre a entidade lucense e as Fundacións Konecta e Mapfre para promover proxectos de inserción laboral para persoas con capacidades diferentes. Trátase do programa “Xuntos somos capaces”, grazas ao cal unha persoa coa síndrome de Down realiza as…