• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

foto-1

 

Finalidade do acordo: desenvolver medidas de avance no proceso de envellecemento activo e saudable das persoas con discapacidade intelectual.

Persoas destinatarias: persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual en proceso de envellecemento ou próximas a este, as propias familias ou representantes legais, así como profesionais de implicados na súa atención.

Propostas xerais de colaboración:

  • Intercambio de información sobre o perfil e as necesidades do colectivo.
  • Asesoramento e traballo compartido no deseño e posta en marcha de programas de envellecemento activo e saudable
  • Buscar fórmulas para mellorar o proceso de envellecemento do colectivo, a través de recursos, estratexias e metodoloxías de intervención axeitados.
  • Promover accións que para unha maior participación das persoas maiores con discapacidade intelectual en programas e servizos da comunidade.
  • Colaboración en actividades de formación e sensibilización que se poñan en marcha desde algunha das partes implicadas neste acordo.
  • Promover a elaboración, publicación e difusión de materiais que se consideren axeitados para os grupos de destinatarios deste acordo.