• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

DownGalicia

MISIÓN || PRINCIPIOS || VALORES || PLAN ESTRATÉXICO || XUNTA DIRECTIVA

A “Federación Galega de Institución para a síndrome de Down (DOWN GALICIA)” é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa ás sete Asociacións específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a principios do ano 1.998 para canalizar as demandas do colectivo de persoas coa síndrome de Down ante a Administración e aportar solucións para contribuír a normalizar a súa situación na sociedade. Entre as súas funcións, tamén inclúe a de coordinar, colaborar e propoñer programas de actividades ante institucións públicas e privadas para a súa posta en práctica a través das súas entidades membro.

 

MISIÓN

Coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade, asumindo o establecido na Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das personas con discapacidade.

arriba

PRINCIPIOS

Diversidade. O normal é que sexamos diferentes
Dignidade. Son unha persoa
Autodeterminación. Vivo a miña vida
Igualdade de oportunidades. Como ti, podo con apoio
Inclusión. A miña exclusión é o fracaso de todos

arriba

VALORES

Coherencia.
Compromiso.
Efectividade.
Participación.
Reivindicación.
Unión.

PLAN ESTRATÉXICO

Plan Estratéxico

arriba

XUNTA DIRECTIVA

Presidente: Delmiro Prieto González (Down Compostela)
Vicepresidente: Manuel Pérez Cabo (Down Pontevedra “Xuntos”)
Secretario: Elías Ledo Fernández (Down Compostela)
Tesoureiro: Jorge González Rodríguez (Down Vigo)
Vogal: José Antonio Villamarín Cid (Down Lugo)
Vogal: José Martín Rodríguez (“Teima” Down Ferrol)
Vogal: Manuel Álvarez Esmorís (Down Coruña)
Vogal: Rafael Cabezas Enríquez (Down Ourense)

Consulta aquí os seus currículos

XERENCIA.  Sonia Caldas Novás

arriba