A lenda da NBA Glen Rice visitou, da man de BBVA, a Asociación Down Ourense. Mozos e mozas da asociación recibiron ao ex-xogador con gran emoción ao ritmo dos pasos de baile e a música da mascota dos Phoenix Suns, The Gorilla Phoenix Suns. Tras responder ás preguntas e curiosidades dos asistentes, Glen Rice entregou o balón asinado da NBA aos mozos, que a continuación lle ensinaron as instalacións do centro. Durante a visita, a lenda tamén estivo acompañada por Rafael Cabezas e Concepción Estévez, representantes de Down; Miguel Pérez Villayandre, director do Centro de Banca de Empresas e Corporacións de BBVA en Ourense; e Javier Muñiz, director do Centro de Banca de Clientes de BBVA en Ourense. Tras a visita, Javier Muñiz, director do Centro de Banca de Clientes de BBVA en Ourense, declarou que “con este tipo de accións, BBVA demostra unha vez máis que é unha entidade global pero moi local, achegando, nesta ocasión, a mellor liga de basket do mundo a Ourense”. “Esta mañá gozamos cos mozos e mozas de Down Ourense, compartindo a súa paixón, as súas ilusións e os seus soños e esta tarde esperamos gozar coma nenos no Pavillón Os Remedios”, concluíu Miguel Pérez Villayandre, director do Centro de Banca de Empresas e Corporacións de Ourense. Pola súa banda, Rafael Cabezas, tesoureiro da Asociación Down Ourense, comentou “a importancia que ten o deporte no ámbito da inclusión e os valores que este inculca a través do compañeirismo e o traballo en equipo”. Ademais, agradeceu a visita de Glen Rice, “un gran símbolo do baloncesto internacional”, ás instalacións da entidade. Por quinto ano consecutivo, a NBA percorrerá España da man de BBVA achegando ao público a mellor liga de basket do mundo. Faino en dous formatos diferentes: o BBVA Day e a NBA Zone. O primeiro inclúe a visita durante un día dun xogador da NBA a unha cidade e a realización dun clinic con nenos e nenas. A NBA Zone, en cambio, esténdese a 3 días de eventos dixitais: actividades interactivas, agasallos e shows en directo. Nesta nova edición do tour, por primeira vez, os afeccionados elixiron as cidades nas que se celebra o BBVA Day a través dunha plataforma dixital. Unha selección dos clientes que votaron, participa á súa vez nun adestramento privado ao que tamén asiste a estrela da NBA. Unha das paradas elixidas polos internautas dentro desta xira foi Ourense. Así, hoxe tivo lugar nesta cidade galega o BBVA Day con presenza da lenda da NBA Glen Rice, e a mascota dos Phoenix Suns, The Gorilla Phoenix Suns. “É un orgullo que os ourensáns se mobilizasen e conseguisen que a nosa cidade sexa unha das catro elixidas na web”, asegurou o director do Centro de Banca de Clientes de BBVA en Ourense. Tras a súa visita a Ourense, a NBA traslada o seu espectáculo á Coruña coa NBA Zone, situada durante o fin de semana no parking da Cidade deportiva de Riazor. Os fans e as súas familias poderán gozar de multitude de actividades interactivas, de shows en directo como o ofrecido por Lords of Gravity e da presenza de Glen Rice e das mascotas The Gorilla dos Phoenix Suns e Rumble the Bison dos Oklahoma City Thunder. Rice era un xogador cuxa principal característica radicaba no seu lanzamento exterior de tres puntos, posuíndo o noveno mellor rexistro na historia da competición con 1559 triplos convertidos. Tras a visita a Down Ourense, pola tarde Rice realizou máis de dúas horas de clinic con máis de 100 nenos no Pavillón Os Remedios. O resto de paradas do tour serán en Málaga, no formato de BBVA DAY e, Coruña, Valencia, Zaragoza e Granada no de NBA Zone. Nas anteriores edicións, 350.000 persoas pasaron polo Tour da NBA en España. BBVA identifícase con iniciativas asociadas a valores como o esforzo, a sinxeleza, o traballo en equipo e o comportamento ético. Por iso, aposta fortemente polo deporte. Mostra diso é o feito de ser banco oficial da NBA, estar ligado ao fútbol en diferentes clubs e ter como embaixadores de marca á recentemente gañadora de Roland Garros, Garbiñe Muguruza, e ao alpinista Carlos Soria, que este ano alcanzou a cima do Annapurna.
A lenda da NBA Glen Rice arranca en Down Ourense a súa visita a Ourense dentro do BBVA Day
8 Xullo, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.