A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou a contratación de dúas persoas no marco do Programa de activación para o emprego 2015-2016. Estes dous técnicos, que desempeñaron o seu traballo na área de emprego dos centros de traballo que Down Galicia ten nas cidades de Ferrol e Pontevedra, foron contratados a xornada completa durante un período de seis meses entre finais do pasado ano e comezos deste. Mediante estas contratacións deuse cobertura ó Programa de promoción da formación e emprego de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Este programa ten por obxectivo proporcionar ós usuarios e usuarias das distintas entidades Down os recursos axeitados que permitan a súa participación da forma máis autónoma e independente posible na comunidade, mediante a súa preparación e incorporación efectiva ó mercado laboral ordinario a través da metodoloxía de Emprego con Apoio. Por un lado, a técnico contratada no centro de traballo de Ferrol desempeñou diferentes actividades de formación en competencias clave para o emprego, actividades de prospección do mercado laboral e actividades de formación sociolaboral como o acompañamento nas sesións de formación, a elaboración de material de apoio para as sesións ou o fomento da participación na dinámica da aula con apoios individualizados dentro da mesma. Pola súa parte, a técnico contratada no centro de traballo de Pontevedra centrouse na execución de actuacións como o apoio e adestramento no posto de traballo en empresas do mercado laboral ordinario, a adaptación das tarefas e o seguimento dese posto, a mediación cos compañeiros e compañeiras de traballo e a coordinación coas familias, entre outras. En total, 38 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual maiores de 16 anos puideron beneficiarse deste programa de promoción da formación e emprego.
A Xunta de Galicia financia a contratación de dúas persoas desempregadas en centros de traballo de Down Galicia
27 Xuño, 2016
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.
Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.
Podes obter máis información na nosa: Política de cookies Política de Privacidade
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.
The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.