Orientación Laboral :: Down Galicia

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Está situado nas sedes de Down Galicia en Santiago, Vigo e Ourense e ten carácter itinerante a diferentes puntos de Galicia. Está formado por 3 orientadoras, unha para a zona Norte (A Coruña, Santiago e Ferrol), outra para a zona Sur (Pontevedra e Vigo) e outra para a zona Este (Ourense, Lugo e Monforte).

Ademais conta coa coordinación do Servizo de Emprego con Apoio das Entidades membro de Down Galicia.

 

Que ofrecemos?

DEMANDANTES DE EMPREGO

  • Información e asesoramento: listas de contratación pública, competencias clave, certificados de profesionalidade, formación e ofertas de emprego, etc.
  • Entrevistas individualizadas
  • Itinerarios personalizados de inserción (IPI)
  • Modificación do CV na aplicación do Servizo Público de Emprego
  • Solicitude dos cursos AFD, obradoiros de emprego, etc.
  • Deseño de currículo e perfil profesional
  • Orientación laboral
  • Apoio individualizado para a busca activa de emprego e xestión de recursos (correo electrónico, envío de CV a ofertas, etc.).
  • Formación en diferentes áreas (técnicas de busca de emprego, habilidades sociolaborais, etc.)
  • Accións grupais de orientación nas que traballamos autocoñecemento persoal e profesional, actitudes e comportamentos no lugar de traballo, técnicas de busca de emprego, a regulación do traballo, etc.

EMPRESAS

  • Prospección e intermediación
  • Bolsa de emprego
  • Análise de postos de traballo e perfil das persoas candidatas
  • Adaptación ao posto de traballo
  • Selección de persoal
  • Información sobre bonificacións, redución de cotas á Seguridade Social, subvencións, etc.

 

A quen nos diriximos?

  • A persoas demandantes de emprego coa síndrome de Down e discapacidade intelectual maiores de 16 anos
  • A familiares directos das persoas demandantes de emprego
  • Empresas e entidades públicas e privadas
  • Outros axentes implicados no mercado laboral (servizos sociais, centros educativos, etc.)

 

Cal é o noso obxetivo?

  • Mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade
  • Facilitar a incorporación ao mercado de traballo
  • Participación das persoas con discapacidade na oferta formativa
  • Inclusión sociolaboral de mulleres e homes con discapacidade
  • Inclusión de mulleres e homes con discapacidade na bolsa de emprego público

 

SEDES CENTRALES

SANTIAGO:
Teléfono: 981581167
Correo electrónico: orientacion.laboral.compostela@downgalicia.org

VIGO:
Teléfono: 9862014656
Correo electrónico: orientacion.laboral.vigo@downgalicia.org

OURENSE:
Teléfono: 988370313
Correo electrónico: orientacion.ourense@downgalicia.org

 

Eres unha persoa coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual demandante de emprego?

Descarga o noso folleto e descubre tódolos servizos que o Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia pode ofrecerche.

DESCARGA O NOSO FOLLETO INFORMATIVO

 

Eres unha empresa ou un axente social e comunitario?

Descarga o noso folleto con información sobre as vantaxes que pode ofrecerche o Servizo de Orientación Laboral da Federación

DESCARGA O NOSO FOLLETO INFORMATIVO