• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

Envellecemento activo

Envellecer é un proceso natural para tódalas persoas, mais non deixa de ser unha conquista para as persoas coa síndrome de Down. De feito, nas últimas décadas apreciouse un espectacular aumento da súa esperanza de vida, superando en moitas ocasións os 60 anos. Tal logro ven da man do estudo e do coñecemento exhaustivo da realidade e necesidades do colectivo, o que derivou nunha mellora exponencial da súa calidade de vida, e moi especialmente nunha mellor e máis especializada atención no eido da saúde, sobre todo nas primeiras etapas da vida.

A continuación, poderedes consultar os convenios que Down Galicia ten asinados neste eido e outra documentación de interese.

 

1.- Convenio coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría

Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Máis información aquí

 

2.- Convenio Federación Alzhéimer Galicia

Acordo de colaboración entre Down Galicia e a Federación Alzhéimer Galicia para favorecer o envellecemento activo e saudable de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.

Máis información aquí

 

3.- Vídeo “EN PRIMEIRA PERSOA”

Neste vídeo, as persoas coa síndrome de Down explican o seu proceso de envellecemento desde a súa perspectiva persoal.

Pincha video para velo.

 

4.- Vídeo “AS PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN E AS SÚAS FAMILIAS ANTE O PROCESO DE ENVELLECEMENTO”

O xerontólogo Gonzalo Berzosa presenta este estudo, desenvolvido por Down España en colaboración con Divina Pastora Seguros, que pretende dar resposta aos retos que formula o significativo aumento na esperanza de vida do colectivo de persoas coa síndrome de Down.

Pincha video para velo


5.- Vídeo “SÍNDROME DE DOWN Y ENFERMEDAD DE ALZHEIMER”

O catedrático de farmacoloxía Jesús Florez, expón neste vídeo a relación entre a síndrome de Down e a enfermidade de Alzheimer.

Pincha video para velo

 

6.- Documentación de interese

As persoas coa síndrome de Down e as súas familias ante o proceso de envellecemento.

Envellecemento e Síndrome de Down – Unha Guía de Saúde e Benestar.

Informe Envellecemento e Síndrome de Down.

Saúde mental e Síndrome de Down.