• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

Máis novas

BBVA e Down Galicia continúan coa súa colaboración a tavés do programa de prácticas formativas

“Con estas prácticas demostramos as nosas capacidades e poderemos defender o noso dereito a traballar e a ter as mesmas oportunidades que calquera persoa”. Así o expresou Carlota Rodríguez López, moza con síndrome de Down participante no programa formativo, que interveu no acto de presentación no nome dos seus compañeiros e compañeiras. Este programa, pioneiro…

Details

Traballo e Benestar financia a contratación de 13 persoas desempregadas para postos técnicos en Down Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, cubriu a contratación de 13 persoas durante o exercicio 2014 para desempeñar postos de carácter técnico na Federación Down Galicia e nas súas entidades membro. Do total das persoas contratadas, 4 delas asinaron contratos a xornada completa durante un período…

Details

Federico Mayor Zaragoza abordará as grandes liñas dunha educación pública e de calidade en relación á LOMCE

A conferencia, que leva por título “LOMCE, unha carreira de obstáculos para unha educación pública e de calidade” celebrarase ás 8 da tarde do mércores 4 de febreiro no Centro ABANCA Obra Social, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, ex director xeral da UNESCO…

Details

As entidades Down contabilizan unha ducia de novas insercións laborais no pasado mes de decembro

No último mes do exercicio 2014, un total de 12 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual das entidades Down en Galicia, accederon a un posto de traballo ou melloraron as condicións contractuais do que xa tiñan en empresas ordinarias da súa contorna. Así, en Pontevedra contabilizáronse 4 insercións laborais. David, un mozo con…

Details

Down Galicia demanda que se contemple a discapacidade intelectual nas convocatorias de emprego público

O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, máis o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, trasladáronlle esta mañá ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, unha das reivindicacións históricas das persoas con discapacidade intelectual sobre o acceso ás convocatorias públicas. Os representantes das entidades Down solicitaron que…

Details

La Caixa promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 28.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con Apoio para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na convocatoria de Inserción Sociolaboral 2014, enfocada á execución de proxectos de inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade social e persoas…

Details

Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

A erradicación da educación especial e a regulación dun período de transición entre o actual modelo integrador e un totalmente inclusivo, foi a primeira demanda de Down Galicia en materia de educación perante a Comisión non Permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade. O presidente da Federación, Delmiro Prieto, defendeu a necesidade de…

Details

Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades

“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de…

Details

A Deputación de Ourense contribúe á inclusión educativa do alumnado coa síndrome de Down

A Deputación de Ourense, colabora con Down Galicia cunha achega económica de 4.500 euros para o proxecto “Unha escola para todos: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Este proxecto beneficia directamente a un total de 17 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e ten por misión promover e facilitar…

Details