• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

Máis novas

Down Compostela pide ao Colexio de Avogados o seu apoio para conseguir dereitos efectivos para as persoas con discapacidade

A Fundación Down Compostela  pediu o apoio do colectivo de xuristas para conseguir “que a igualdade de dereitos teóricos das persoas coa Síndrome de Down se leve á práctica e a discapacidade non sexa motivo de discriminación legal”. A reivindicación de “dereitos efectivos para todos, non só no papel” fíxoa o presidente de Down Compostela,…

Details

Fundación Grupo Norte impulsa o programa de emprego de Down Galicia

A Fundación Grupo Norte apoiará economicamente o proxecto “Emprego con Apoio”, impulsado por Down Galicia e que ten como obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade intelectual, especialmente aquelas coa síndrome de Down, a súa incorporación social e laboral no mercado ordinario garantindo para iso todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o…

Details

Convenio para atender con garantías o envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A necesidade de abordar programas de envellecemento activo e saudable que contemplen as especificidades das persoas con discapacidade intelectual é o obxectivo fundamental do convenio de colaboración asinado esta mañá polo presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José Carlos Millán, e polo presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. A través deste acordo…

Details

A Deputación da Coruña contribúe á mellora dos recursos tecnolóxicos de Down Galicia

A Deputación da Coruña destinou, no ano 2013, unha achega de 3.497,58 euros ao Proxecto de mellora e optimización dos recursos tecnolóxicos destinados á dinamización das actividades de Down Galicia e as súas entidades membros. En virtude desta achega, puideron actualizarse equipamentos informáticos, adquirir dispositivos audiovisuais adaptados ás novas metodoloxías educativas, así como sistemas de…

Details

A Deputación da Coruña colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Deputación da Coruña colaborou, durante o exercicio 2013, con Down Galicia e as súas entidades membro cunha achega económica de 10.414,35 euros para o proxecto Emprego con Apoio. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 54 mozos e mozas con…

Details

Cinco mozos e mozas coa síndrome de Down traballarán nun hotel de A Coruña o vindeiro verán

A iniciativa, que parte dun convenio asinado entre Down Coruña e o hotel Hesperia Finisterre, situado no paseo de O Parrote, tin como obxectivo “favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo”. Grazas a este proxecto, denominado “Down Hotel by Finisterre”, os cinco mozos e mozas comezaron co seu período de formación, que lles ocupará…

Details