• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

Máis novas

Adrián Maside álzase co Nacional de tenis de mesa

Membro de Down Lugo e xogador do clube Dez Portas, Adrián Maside Fernández proclamouse campión nacional júnior de tenis de mesa para persoas con discapacidade intelectual. Conseguiu esta clasificación en categoría de dobres mentres que en individuais se proclamou subcampión. O deportista, de 17 anos de idade, abordou distintas modalidades deportivas antes de decantarse definitivamente…

Details

O Colexio Pérez Viondi da Estrada, Pizza Móvil e o BBVA premiados por Down Compostela

A Fundación Down Compostela entregará os II Premios Down Compostela, constituídos para recoñecer a labor de persoas, entidades e institucións que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. A gala de entrega dos galardóns celebrarase a noite do día 20 de marzo no Hostal dos Reis…

Details

Territorios Solidarios financia o Apoio á Integración Escolar de Down Compostela

A área de Apoio á Integración Escolar da Fundación Down Compostela é unha das dez iniciativas de Galicia que se financiarán a través dos premios Territorios Solidarios do BBVA. Á entrega do premio, celebrado no Hotel Hesperia Finisterre da Coruña, acudiru Marina, unha moza de 13 anos, acompañada polo presidente de Down Compostela, Juan Martínez,…

Details

Down Galicia obtén o primeiro galardón dos premios de Voluntarios BBVA

David Conde, director comercial da Territorial Noroeste de BBVA, fixo entrega deste premio a Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia e deu a benvida aos 35 membros de Down Galicia que se incorporan ao programa de prácticas formativas na entidade bancaria grazas a este premio. “O Premio de Voluntarios de BBVA ao proxecto ‘Emprego con…

Details

O Concello de Agolada colabora na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Un membro da Asociación Down Lugo realiza prácticas prelaborais no Concello de Agolada grazas a un convenio entre a entidade lucense e as Fundacións Konecta e Mapfre para promover proxectos de inserción laboral para persoas con capacidades diferentes. Trátase do programa “Xuntos somos capaces”, grazas ao cal unha persoa coa síndrome de Down realiza as…

Details

A Deputación de Ourense colabora na inclusión educativa de persoas coa síndrome de Down

A Deputación de Ourense, colabora con Down Galicia cunha achega económica de 1.250 euros para o “Proxecto de Apoio á Inclusión Educativa de persoas coa síndrome de Down”. Este proxecto beneficia directamente a un total de 17 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e ten por misión promover e facilitar a súa inclusión escolar…

Details