• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

Máis novas

Xuntanza de asesoramento das técnicos de down Ourense ao equipo docente do CPI de Padrenda

O CPI de Padrenda vén de sumarse á rede de centros educativos ourensáns que reciben asesoramento por parte das técnicos de Down Ourense en materia de educación inclusiva. Este centro, que conta con unha alumna coa síndrome de Down, mantivo unha xuntanza de formación coas profesionais da Asociación Down Ourense na que se abordaron cuestións…

Details

Torrado-Centro de Recuperación súmase á rede de empresas que apoian a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Torrado-Centro de Recuperación contrata a un mozo do Programa de Emprego con Apoio da entidade Down Pontevedra “Xuntos”. Miguel, que se formou na Academia Galega de Masaxe, accede a este posto de traballo despois dun período de prácticas demostrando as súas habilidades. Miguel é membro de Down Pontevedra “Xuntos” e usuario do Programa de Emprego…

Details

O equipo de “Vilamor” visita Down Lugo

Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel López, presentaron na Asociación Down Lugo o tráiler da película  que protagonizan, “Vilamor”. Na presentación tamén estivo o director, Ignacio Villar, compartindo anécdotas da rodaxe e da realización do filme. “Vilamor”, que foi rodada principalmente en Lugo -nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz-, recrea a vida nunha…

Details

Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

A entidade ourensana abordou os beneficios de terapias e actividades realizadas con animais como parte da intervención educativa en persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, expuxo as experiencias realizadas neste campo tanto a través de terapias con cabalos como de actividades puntuais con animais domésticos. No primeiro caso, o obxectivo da…

Details

Finaliza o programa de educación afectivo-sexual para persoas con discapacidade intelectual

Down Ourense vén de rematar o programa de educación afectivo-sexual para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual levado a cabo durante o último mes en colaboración co Centro Quérote+ desta cidade. No balance final desta colaboración, tanto o coordinador autonómico dos Centros Quérote+, Raúl Cadenas, como a vicepresidenta de Down Ourense, Mara Prieto,…

Details

“Territorios Solidarios” premia o proxecto de educación inclusiva da Fundación Down Compostela

A través desta iniciativa solidaria, o BBVA concede 10.000 euros á entidade compostelá para apoiar a inclusión en centros educativos ordinarios de 42 alumnos coa síndrome de Down en 35 colexios de 30 concellos. A través deste programa finánciase parte do apoio específico e o profesorado especializado precisos para a súa adecuada formación académica. “Territorios…

Details

Fundación Iberdrola colabora na inclusión socio-laboral das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual

Fundación Iberdrola, a través da súa Convocatoria 2011 de Axudas Sociais, aporta 20.000€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en colaboración coas súas Entidades Membros e no que contribúe financeiramente ademais a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación ONCE. Un total de 24 persoas con discapacidade intelectual,…

Details