• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

Máis novas

O CERMI de Galicia agradece o compromiso do presidente da Xunta e da Consellería de Traballo e Benestar para garantir as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade

O Cermi de Galicia tivo unha xuntanza de traballo a tarde deste mércores día 9 de maio na sala de xuntas da Conselleria de Traballo e Benestar, onde tódolos seus membros foron recibidos pola Conselleira, Beatriz Mato, quen estivo acompañada polo seu equipo de traballo, a Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e mailos…

Details

Membros de Down Vigo realizarán prácticas profesionais no Porto da cidade olívica

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e o presidente da Asociación Síndrome de Down de Vigo, Fernando Molina, asinaron un convenio de colaboración co fin de promover a socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual. En virtude de dito convenio, unha persoa da Asociación viguesa xa comezará nos vindeiros días a facer prácticas…

Details

Convenio de colaboración entre a Asociación de Empresarios de Rendondela e Down Vigo

A Asociación de Empresarios de Redondela asina un convenio de colaboración coa Asociación Down Vigo co fin de promover accións para a integración na vida familiar, social e laboral dos usuarios de Down Vigo. Na sinatura do convenio estiveron presentes José Antonio Gómez, presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Fernando Molina, presidente de Down…

Details

Preocupación en CERMI Galicia pola repercusión dos recortes no sector da discapacidade

O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI Galicia) manifesta a súa “enorme preocupación” pola repercusión dos recortes no sector da discapacidade.  Así o expresaron os representantes do Comité galego durante a celebración da súa Asemblea Anual en relación a como afectarán os recortes ás entidades que aglutinan ás persoas…

Details

Xuntanza de asesoramento das técnicos de down Ourense ao equipo docente do CPI de Padrenda

O CPI de Padrenda vén de sumarse á rede de centros educativos ourensáns que reciben asesoramento por parte das técnicos de Down Ourense en materia de educación inclusiva. Este centro, que conta con unha alumna coa síndrome de Down, mantivo unha xuntanza de formación coas profesionais da Asociación Down Ourense na que se abordaron cuestións…

Details

Torrado-Centro de Recuperación súmase á rede de empresas que apoian a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

Torrado-Centro de Recuperación contrata a un mozo do Programa de Emprego con Apoio da entidade Down Pontevedra “Xuntos”. Miguel, que se formou na Academia Galega de Masaxe, accede a este posto de traballo despois dun período de prácticas demostrando as súas habilidades. Miguel é membro de Down Pontevedra “Xuntos” e usuario do Programa de Emprego…

Details

O equipo de “Vilamor” visita Down Lugo

Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel López, presentaron na Asociación Down Lugo o tráiler da película  que protagonizan, “Vilamor”. Na presentación tamén estivo o director, Ignacio Villar, compartindo anécdotas da rodaxe e da realización do filme. “Vilamor”, que foi rodada principalmente en Lugo -nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz-, recrea a vida nunha…

Details

Down Ourense participa no II curso de intervención educativa nas persoas con discapacidade.

A entidade ourensana abordou os beneficios de terapias e actividades realizadas con animais como parte da intervención educativa en persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Neste sentido, expuxo as experiencias realizadas neste campo tanto a través de terapias con cabalos como de actividades puntuais con animais domésticos. No primeiro caso, o obxectivo da…

Details