• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

Publicacións

INCLUSIÓN EDUCATIVA: UNHA ESCOLA PARA TOD@S

As entidades Down de Galicia, traballan conxuntamente cos centros educativos para garantir os apoios necesarios que potencien as oportunidades de aprendizaxe e participación do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na vida escolar

 

RECOMENDACIÓNS PARA DAR A PRIMEIRA NOTICIA DE SÍNDROME DE DOWN 

Autor: Down Galicia e Xunta de Galicia

Recomendacións para profesionais sobre os pasos a seguir para dar a primeira noticia aos pais de que o seu fillo/a presenta síndrome de Down. Como conseguir que esta información e a maneira de transmitila se converta nunha intervención preventiva e construtiva.

 

GUIA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Autor: Down Galicia

Guía de información e orientación para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A súa misión é facilitar na medida do posible os medios para que as persoas que forman parte deste colectivo afronten axeitadamente a tarefa de descubrir e elixir os mellores camiños e alternativas para eles respecto aoseu futuro académico e profesional.

Portada guia orientacion academica

 

GUÍA PARA PAIS E NAIS

Autor: Down Galicia e entidades membro

Guía con información para pais e nais que acaban de ter un fillo ou filla coa síndrome de Down. A través de fichas poderán resolver as dúbidas iniciais, aprender todo o que poden facer polo seu fillo ou filla, informarse sobre os aspectos legais e entender a importancia que teñen os apoios para as persoas coa síndrome de Down.

 

INFORMACIÓN DA TARXETA DE DISCAPACIDADE

Autor: Down Galicia

Circular sobre a tarxeta acreditativa de grao de dicapacidade que expide a Xunta de Galicia

 

MEDIDAS ALTERNATIVAS

Autor: Down Galicia

Documento que recolle e explica os requisitos, solicitude e tipos de medidas alternativas que as empresas poderán aplicar en orde ao cumprimento daobriga de reserva de emprego a favor das persoas con discapacidade.

 

 

TRATAMENTO DA DISCAPACIDADE NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Autor: Cermi Galicia

Tríptico con información sobre as normas básicas de tratamento da discapacidade nos medios de comunicación. Créase trala necesidade de que os profesionais dediquen a atención necesaria a tomar conciencia da importancia de tratar a discapacidade sen ningún tipo de excepcionalidade.

 

Imaxe tratamento discapacidade

 

LA PRIMERA NOTICIA

Autor: Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana.

Estudo sobre os procedementos profesionais, as vivencias e as necesidades dos pais cando se lles informa de que o seu fillo/a ten unha discapacidade ou un trastorno do desenvolvemento.

primeranoticia

 

 


ESTRATEXIAS PARA FAVORECER A INCLUSIÓN DE ALUMNOS COA SÍNDROME DE DOWN

Autor: Down Galicia y Xunta de Galicia

Estratexias para persoal docente sobre o proceso de inclusión escolar en centros de educación infantil, primaria e secundaria. Indicacións básicas sobre aprendizaxe, comportamento, relacións interpersoais e necesidades de apoio.

Extratexias

 

UNHA VIDA POR DIANTE

Autor: Eloísa Teijeira Bautista

Proposta didáctica para sensibilización do alumnado con respecto á persoas coa síndrome de Down. Estratexias para fomentar a aceptación e o respecto pola diversidade na comunidade educativa, especialmente entre o alumnado de educación primaria.

unhavidapor

 

 

QUERES TRABALLAR? PROGRAMA IOBE

Autor: Down Galicia

Guía básica de información, orientación e busca de emprego para persoas con discapacidade intelectual en xeral e síndrome de Down en particular.

tripticoemprego

 

 

EMPREGO CON APOIO. CAMBIANDO MIRADAS

Autor: Down Galicia

Información sobre a metodoloxía Emprego con Apoio orientada a responsables de empresas ordinarias tanto do sector público como privado. Progr
ama de emprego mediante o cal as persoas con discapacidade intelectual adquiren as destrezas, habilidades e coñecementos que demanda o seu posto de traballo.

tripticodown

 

ACCEDE AQUÍ ÁS PUBLICACIÓNS DE DOWN ESPAÑA