• VIndependente

  • AtTempera (1)

  • Envellecemento (1)

  • Emprego (1)

  • Educacion (1)

  • Xtumirada DownEspana_gal

SERVIZO DE INCLUSIÓN EDUCATIVA DE DOWN GALICIA

PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
RECURSOS EDUCATIVOS || PREGUNTAS FRECUENTES|| CONSULTAS

 

Filosofía e misión do servizo

Down Galicia considera que a inclusión na escola ordinaria é a vía máis axeitada para acadar o desenvolvemento formativo, psicolóxico e social das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Sen embrago, a inclusión educativa non pode seguir un modelo único, senón que debe ser adaptado ás necesidades de cada persoa. Así mesmo, non é un fin en si mesma, senón un medio para acadar o pleno desenvolvemento social e persoal do individuo.

Se queremos conseguir o maior grao posible de desenvolvemento e autonomía nos nenos e mozos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual será necesario dinamizar, nos seus anos de escolaridade, experiencias educativas de calidade. Para iso, debemos optimizar os recursos existentes e tratar de acadar un nivel importante de colaboración entre os axentes educativos (a familia, a asociación, a escola), co fin de non deixar ningunha das áreas de aprendizaxe sen abordar e de coordinar as accións educativas que nos diferentes contextos se desenvolven.

“Unha escola para tod@s” debe responder de xeito diferenciado ás necesidades individuais, sexa cal sexa o seu grao de especificidade. Debe de ser capaz de adecuar recursos e metodoloxías ás características do alumnado con necesidades educativas específicas. Para iso, será necesario establecer proxectos que actúen non só sobre a propia persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, senón que estenda o seu foco de atención á totalidade de membros que forman parte da comunidade educativa.

Así, a misión do servizo é a de promover e facilitar a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades na escola ordinaria, potenciando ó máximo o seu desenvolvemento cognitivo, social e persoal de tal forma que se contribúa a consolidar os coñecementos, habilidades e destrezas que favorecen a súa plena integración sendo, todo iso, de forma coordinada cos axentes educativos dos centros escolares.

 

Actuacións do Servizo de Inclusión Educativa

  • Valoración educativa de persoas usuarias coa finalidade de elaborar o seu plan educativo individual.
  • Proceso de Apoio personalizado e reforzo educativo a través de programas educativos que complementen o proceso de ensinanza e aprendizaxe.
  • Coordinación con centros educativos e garderías.
  • Proceso de Intervención e asesoramento a familias.

 

Convenio coa Consellería de Educación

Down Galicia ten asinado un Convenio de colaboración coa XUNTA DE GALICIA, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para favorecer a atención educativa ó alumnado coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual.

Consultar Convenio

 

cons_cul_edu-cor