Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Máis dun centenar de persoas coa Síndrome de Down atoparon emprego durante o 2011

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Máis dun centenar de persoas coa Síndrome de Down atoparon emprego durante o 2011

10 Marzo, 2012

» Máis dun centenar de persoas coa Síndrome de Down atoparon emprego durante o 2011

No pasado exercicio 2011, as sete entidades que conforman o Movemento Down Galicia fixeron posible que 129 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaran alo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón un incremento do 5,7% con respecto ao ano 2010, destacando que o 41,5% das contratacións se corresponden con contratos indefinidos.

Este dato resulta particularmente salientable no contexto de crise económica actual, no que a pesares da destrución de postos de traballo a nivel xeral e do baixo índice de contratación de persoas con discapacidade intelectual a nivel estatal, o modelo implementado desde o Movemento Down Galicia desde o ano 2002 para acadar a plena inclusión socio-laboral destas persoas, está a producir resultados positivos que se incrementan ano tras ano. A metodoloxía Emprego con Apoio Emprego con Apoio é un programa deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario. Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador laboral encargado de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, desenvolvendo estratexias de aprendizaxe para que o traballador poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural. Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e acadar a súa colaboración no que se refire a inclusións socio-laborais deste colectivo por medio de contratos e/ou prácticas laborais. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúe a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de integración social. Contribúe, así mesmo, a propiciar un cambio de visión, de persoa con discapacidade a traballador, constatándose unha importante implicación dos compañeiros e compañeiras na aceptación da diversidade. Outro dato salientable é que, grazas ao éxito desta iniciativa, cada vez máis empresas que se comprometen con este programa teñen coñecemento previo do traballo que se está levando a cabo a través doutras empresas que xa están colaborando co mesmo, feito que se atribúe aos bos resultados do servizo, aumentando a confianza na metodoloxía “emprego con apoio” como unha vía válida para a inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual. Áreas xeográficas O Movemento Down Galicia está conformado por sete entidades especializadas na atención ás persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual con sede en sete cidades galegas: Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Aínda que a maior parte das insercións laborais se producen nestas cidades, tamén se atende a concellos que corresponden ás súas áreas de influenza, ben por ser lugar de orixe dos participantes neste programa, ben porque as condicións de transporte público permiten o seu desprazamento de xeito autónomo. Así, no pasado ano parte das insercións laborais tiveron lugar en localidades como Sarria, Ribadeo, Betanzos, Narón, Ares, Rianxo, Ames, Porriño, Cangas, Baiona, Redondela, Cambados, Cuntis, Poio, Marín ou Vilaboa..

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}