O concello de Ponteareas e a Asociación Down Vigo veñen de formalizar un novo convenio de colaboración para a realización de prácticas laborais nos servizos municipais que mellor se adapten aos coñecementos de cada unha dos alumnos dos distintos cursos de capacitación profesional.
Deste xeito promóvese a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual como un dos piares básicos na loita pola súa integración e inclusión a todos os niveis. A través do coñecido programa “emprego con apoio” desenvolvido polas entidades Down galegas, cada vez máis empresas e institucións veñen a sumarse a este modelo de normalización da vida laboral e persoal deste colectivo, demostrando que as persoas coa síndrome de Down poden ser útiles para si mesmas e para a sociedade.