O xurado da Concellería de Cultura concedeu por unanimidade o Premio Cidade de Pontevedra á asociación polo seu traballo e labor social.
Este galardón ensalza os méritos das entidades que destacan pola súa labor de axuda, dedicación ás persoas, á arte ou á divulgación da cidade. O premio será entregado nunha sesión de honra no pleno municipal do próximo 20 de xaneiro.
Traballando pola inserción social e laboral A concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, aludiu aos momentos de dificultade económica e recortes para avalar o galardón outorgado a Down Pontevedra. “É un recoñecemento pola súa aposta e traballo pola inserción social e laboral das persoas coa síndrome de Down” nestas difíciles circunstancias, sinalou a concelleira, que tamén quixo animar á asociación a non ceder no seu empeño de mellorar a vida das persoas con trisomía 21 e contribuír a construír un mundo mellor e máis solidario para todos..