Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Manifesto pola promoción da autonomía persoal e o empoderamento das persoas coa Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Manifesto pola promoción da autonomía persoal e o empoderamento das persoas coa Síndrome de Down

21 Marzo, 2012

» Manifesto pola promoción da autonomía persoal e o empoderamento das persoas coa Síndrome de Down

21 de marzo de 2012

As persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual queremos poñer de manifesto que somos persoas con dereitos e deberes e queremos que se nos recoñezan. Queremos que se nos permita vivir de xeito digno e autónomo, gozar das mesmas oportunidades que calquera persoa da sociedade galega e que se nos dea a oportunidade de facer oír a nosa voz.

Neste día tan importante para nós, queremos comezar dicindo que somos distintos, pero non inferiores. Que ter síndrome de Down non impide que sexamos útiles para nós mesmos e para a sociedade.

  • Queremos que se recoñezan as nosas capacidades, que non se nos considere cidadáns de segunda. Por iso manifestamos que:Queremos estudar cos nosos compañeiros e compañeiras, con e sen discapacidade, sen que nos saquen da aula ordinaria. Pedimos que non se permita que quedemos fóra do sistema xeral de educación, e que se nos garanta o acceso ao ensino inclusivo, de calidade e gratuíto, en igualdade de condicións que os demais.
  • Queremos ter a oportunidade de acceder a un posto de traballo e poder gañarnos a vida como calquera persoa. Pedimos que se apoie a promoción profesional e as oportunidades de emprego para as persoas con capacidades distintas, tanto no mercado laboral ordinario como no sector público.
  • Queremos que se nos permita ter unha vida afectiva plena e que non se limite a nosa sexualidade. As persoas coa síndrome de Down non somos nenos e nenas eternamente, evolucionamos ao longo de todas etapas da vida igual que os demais. Temos dereito a recibir educación afectiva e sexual igual que o resto de persoas da nosa idade para, nun futuro, poder disfrutar dunha vida en parella.
  • Queremos vivir da forma máis independente posible, e poder elixir o lugar e a persoa que conviva con nós. Queremos ter a oportunidade de emanciparnos, e solicitamos un sistema de acceso á vivenda que se adapte ás nosas circunstancias.
  • Queremos que se nos recoñezan as nosas capacidades. Tamén por parte dos xuíces e tribunais. Temos dereito ao recoñecemento da nosa capacidade xurídica en igualdade de condicións que os demais en todos os aspectos da vida. Queremos que se nos deixe tomar as nosas propias decisións e que se nos apoie cando o precisemos.
  • Queremos a colaboración das institucións e dos medios de comunicación para que a sociedade poida entender que temos desexos, soños e metas como calquera cidadán. Para elo é necesario promover a toma de conciencia sobre as nosas capacidades en positivo e loitar contra os estereotipos e os prexuízos.

Hoxe é o Día Mundial da síndrome de Down. Queremos facer oír a nosa voz para dicir que queremos vivir a nosa propia vida, porque podemos, porque queremos, e porque temos o dereito a facelo.

Moitas grazas.

.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}