Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel López, presentaron na Asociación Down Lugo o tráiler da película que protagonizan, “Vilamor”. Na presentación tamén estivo o director, Ignacio Villar, compartindo anécdotas da rodaxe e da realización do filme.
“Vilamor”, que foi rodada principalmente en Lugo -nos Ancares, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz-, recrea a vida nunha comuna galega de finais dos anos 70. Precisamente sobre a propia historia que se narra versou este encontro, no que tanto os actores como o director deron resposta ás preguntas e curiosidades dos membros de Down Lugo.