Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI de Galicia agradece o compromiso do presidente da Xunta e da Consellería de Traballo e Benestar para garantir as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI de Galicia agradece o compromiso do presidente da Xunta e da Consellería de Traballo e Benestar para garantir as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade

10 Maio, 2012

» O CERMI de Galicia agradece o compromiso do presidente da Xunta e da Consellería de Traballo e Benestar para garantir as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade

O Cermi de Galicia tivo unha xuntanza de traballo a tarde deste mércores día 9 de maio na sala de xuntas da Conselleria de Traballo e Benestar, onde tódolos seus membros foron recibidos pola Conselleira, Beatriz Mato, quen estivo acompañada polo seu equipo de traballo, a Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e mailos Directores Xerais das áreas de emprego, Ana Díaz, Amparo González e Odilio Martiñá.

 Durante a xuntanza, o Cermi Galicia achegoulle á Conselleira a inquedanza do colectivo da discapacidade ante as noticias da situación de recortes e reaxustes económicos actuais. No transcurso da reunión a Conselleira transmitiulle aos representantes do Cermi de Galicia o compromiso inamovible do Presidente da Xunta e da Conselleria, de manter o financiamento das políticas sobre discapacidade nos mesmos termos que no ano 2011.

 Así mesmo, Beatriz Mato quixo transmitirlle ao Cermi de Galicia a confianza e a tranquilidade de saber que para o Goberno Galego as persoas con discapacidade son un grupo social prioritario na acción de tódolos Departamentos do Goberno Galego como vén demostrado pola aprobación do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013.

 As entidades do Cermi de Galicia queren facer público o seu agradecemento ao Presidente da Xunta e a Conselleira de Traballo, que nestes intres de gran incerteza económica, garantan a continuidade dos servizos para un grupo social, que representa o 10 % dos cidadáns do noso país e que necesitan o apoio de todas e todos para acadar a súa inclusión social e autonomía persoal.

 O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia), que desenvolve a súa actividade dende o ano 1999,e a entidade máis representativa deste colectivo na comunidade, ao estar composta polas principais organizacións da Discapacidade COGAMI, FADEMGA, ONCE, FAXPG, FEAFES Galicia, DOWN Galicia, AUTISMO Galicia e FEGADACE.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}