O alumnado do IES de Chapela que cursa o Ciclo Superior de Educación Infantil participou nunha sesión de formación sobre a síndrome de Down no Centro de Promoción da Autonomía Persoal Down Vigo. As 20 persoas que participaron nesta formación xa estiveran traballando sobre a síndrome de Down, complementando os recursos formativos sobre este tema a través desta sesión. Así, os asistentes aproveitaron para visitar as instalacións de Down Vigo e coñecer de primeira man os programas e servizos ofertados pola Asociación para fomentar a inclusión e a autonomía das persoas con capacidades diversas.
