Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O equipo “Cafeto” gaña o I Concurso de Baristas Down Compostela

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O equipo “Cafeto” gaña o I Concurso de Baristas Down Compostela

27 Maio, 2012

» O equipo “Cafeto” gaña o I Concurso de Baristas Down Compostela

O equipo CAFETO foi o gañador do I Concurso de Baristas Down Compostela, celebrado hoxe nas instalacións do Pazo de Lestrove, organizado pola Fundación Down Compostela, Óscar de Toro, Cafento e Pousadas de Compostela, en colaboración coa Asociación de Hostalaría de Santiago. Os sete integrantes do equipo, formado por Manuel, Cristina, Jóse Manuel, Iván, Irene, David e Javier recibirán como premio unha bolsa de prácticas laborais que realizarán no Hostal dos Reis Católicos, NH Obradoiro, Hotel Virxe da Cerca, AC Palacio do Carmen, Puerta del Camino e Tryp Santiago.

O nome do gañador coñeceuse despois de tres empates nas deliberacións do xurado, formado por Víctor Couto e Xosé Ríos, e da votación inicial do público. O outro equipo participante, “Capuchino Down” estaba composto por Elena, Jesús, Alex, Sergio, Carmen e Vanessa.

Nesta xornada déronse cita máis de 150 persoas no Pazo de Lestrove para presenciar o concurso, no que os mozos demostraron as súas calidades no manexo e preparación de cafés e combinados a base de café.

Tanto Óscar de Toro, como Carolina Otero (Cafento) e os membros do xurado destacaron as calidades e capacitación dos mozos participantes, “que parecen auténticos profesionais”, aseguraron. O presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, agradeceu a Óscar de Toro e a Carolina Otero que promoveran esta iniciativa “que serviu para demostrar que as persoas con discapacidade intelectual tamén poden ser excelentes baristas e ofrecerlles unha oportunidade laboral”. Ao mesmo tempo agradeceu a implicación de Pousadas de Compostela e da Asociación de Hostalaría de Santiago, e amosou a súa esperanza de que as prácticas laborais que realizarán os mozos nos mellores hoteis de Santiago “se poidan converter en contratos de traballo”.

Entradas relacionadas

Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}