Os obradoiros de autonomía e tempo libre de verán “REFRÉSCATE” nacen da necesidade de refrescar temáticas de autonomía cos usuarios da asociación Down Coruña desde un planeamento lúdico e enfocados a unha mellora da xestión do seu tempo libre e dunha resolución máis autónoma da rutina diaria. O obxectivo final é axudarlles, mediante as melloras nestas temáticas, a evitar o illamento e o aburrimento que ás veces se producen na época estival e que se ve acrecentado se existe carencia destas habilidades. O fin último é levar estes aprendizaxes ao grupo e, a través de diferentes dinámicas, reforzar estes aspectos fundamentais e desenvolver intervencións que poidan reforzar as familias fóra dos obradoiros. Os obradoiros celebraranse no mes de xullo, cunha duración de 2 semanas (do 9 ao 20 de xullo).
