DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Traballo financia a contratación de 12 persoas desempregadas para cubrir postos técnicos en Down Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Traballo financia a contratación de 12 persoas desempregadas para cubrir postos técnicos en Down Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, financia a contratación de 12 persoas para desempeñar distintos postos de carácter técnico na Federación Down Galicia e nas súas entidades membro. Trátase da contratación de 3 técnicos a xornada completa durante un período de nove meses, e os outros 9 a xornada parcial por un período de un ano. O obxectivo desta contratación é o de dar cobertura ás diferentes áreas e programas que conforman o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual (SEPAP).

Así, os 12 técnicos contratados participarán no desenvolvemento de áreas como “Comunicación e Inclusión Educativa”, que ten por obxecto contribuír á mellora das condicións sociais, educativas e psicolóxicas do proceso de inclusión escolar das persoas coa síndrome de Down; “Participación Social e Vida Autónoma” orientado a promover a súa autonomía e habilidades para manexarse na súa comunidade; “Formación para o Emprego” cuxo obxectivo é á inserción no mundo laboral atendendo ás diferentes necesidades formativas dos/as usuarios/as de xeito personalizado; “Emprego con Apoio” destinado a apoiar ás persoas coa síndrome de Down na súa inserción no mercado laboral ordinario; “Xestión e Administración” relativa ao desenvolvemento administrativo das entidades; e “Comunicación e Captación” orientada á correcta difusión do traballo cara á sociedade.

Os técnicos contratados dedicaranse, cada un dentro da área correspondente, a dar cobertura dentro do marco do Servizo de Promoción para a Autonomía Persoal a persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down en particular, de cara acadar a súa plena inclusión na comunidade e mellorar a súa calidade de vida.

Sin título

Entradas relacionadas
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia
24 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
  • “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade