A Fundación La Caixa, a través da súa Área de Integración Social, aporta 24.000€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en todo o ámbito do territorio galego. Esta colaboración enmárcase na convocatoria de axudas da Fundación La Caixa para a realización de proxectos dirixidos a mellorar a empregabilidade e a inserción socio-laboral das persoas con algún tipo de dificultade. En virtude deste convenio, un total de 27 persoas con discapacidade intelectual, en particular coa síndrome de Down, de toda a Comunidade Autónoma galega contarán con unha serie de apoios encamiñados a conseguir a súa inclusión no mercado laboral ordinario. Concretamente, o programa “Emprego con Apoio” responde á reivindicación das persoas coa síndrome de Down ao seu dereito a traballar en ámbitos laborais normalizados e dispoñer de recursos que lles permitan acadar maiores cotas de autonomía e independencia, tanto a nivel social como económico. Así, Down Galicia facilita a inclusión socio-laboral deste colectivo, no mercado de traballo ordinario garantindo todos los apoios que tanto a persoa, como a familia e o empregador precisan. O programa contempla un sistema estruturado de apoio e acompañamento para guiar ás persoas con dificultades no proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación e o mantemento do posto de traballo tanto na empresa privada como pública. Desta forma, os usuarios que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador laboral encargado de levar a cabo unha formación específica nol propio puesto, desenvolvendo estratexias de aprendizaxe para que o usuario poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros de traballo e na mediación na relación con elle para que se desenvolva de forma positiva e natural.
