No Pacto Local polo Emprego da cidade herculina aprobouse a integración de cinco novas entidades, entre as que se atopa a Asociación Down Coruña. As outras catro novas entidades integrantes son a Fundación Juan Soñador, Fundación Ronsel, Federación de asociacións de familiares e enfermos mentais (Feafes) e Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota). Na mesma sesión, tamén se aprobou de forma definitiva o Plan de Acción do Pacto Local polo emprego, que se desenvolverá entre 2013 e 2015. En dito plan defínense as estratexias de creación de emprego que se porán en marcha neste período en coordinación coas entidades sociais e económicas máis representativas da cidade. Entre os obxectivos máis destacados está o de promover e optimizar o acceso ao mercado de traballo de aqueles colectivos de máis difícil empregabilidade.
