Membro de Down Lugo e xogador do clube Dez Portas, Adrián Maside Fernández proclamouse campión nacional júnior de tenis de mesa para persoas con discapacidade intelectual. Conseguiu esta clasificación en categoría de dobres mentres que en individuais se proclamou subcampión. O deportista, de 17 anos de idade, abordou distintas modalidades deportivas antes de decantarse definitivamente polo tenis de mesa, no que tras tan só ano e medio de práctica coa pala proclamouse campión. Con motivo de resultados tan destacados, Adrián Maside foi recibido no Concello de Lugo polo alcalde da cidade, José López Orozco.
