O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, realizou unha visita ás instalación da Asociación Down Coruña no Día Mundial da Síndrome de Down. Ademais de percorrer as instalación para coñecer de primeira man a actividade e os programas desenvolvidos pola Asociación, mantivo unha xuntanza cos representantes de Down Coruña para analizar a situación das entidades sociais e o impacto da crise no terceiro sector. Posteriormente, realizaron unha visita á vivenda do Programa de Vida Independente de Down Coruña, no que membros da entidade realizan estancias para vivir experiencias de emancipación do fogar familiar e de autoxestión persoal e comunitaria.
