Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia constata unha diminución do 12,17% na empregabilidade dos seus membros no pasado ano

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia constata unha diminución do 12,17% na empregabilidade dos seus membros no pasado ano

1 Maio, 2013

» Down Galicia constata unha diminución do 12,17% na empregabilidade dos seus membros no pasado ano

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE No pasado exercicio 2012, as entidades que compoñen o Movemento Down Galicia conseguiron que 105 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaran polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón unha diminución do 12,17% con respecto ao ano 2011.

Pese ao mencionado descenso, estes datos resultan particularmente salientables no contexto de crise económica actual, no que a pesares da destrución de postos de traballo a nivel xeral e do baixo índice de contratación de persoas con discapacidade intelectual a nivel estatal, o modelo implementado desde o Movemento Down Galicia desde o ano 2002 para acadar a plena inclusión socio-laboral destas persoas, está a producir resultados positivos ano tras ano.

 A metodoloxía Emprego con Apoio

Emprego con Apoio é un programa deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador laboral encargado de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, desenvolvendo estratexias de aprendizaxe para que o traballador poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Paralelamente, as entidades Down realizan un labor de prospección laboral co fin de dar a coñecer esta iniciativa entre o tecido empresarial e acadar a súa colaboración no que se refire a inclusións socio-laborais deste colectivo por medio de contratos e/ou prácticas laborais. Neste sentido, a participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúe a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de integración social.

Vantaxes dos programas de Emprego con Apoio

Estes programas de inserción laboral,  ademais de contribuír á integración social das persoas con diversidade funcional, implica un menor custo para o erario público, o que supón un factor clave a ter en conta no contexto da actual crise económica.

Así, unha persoa que traballa nun Centro Especial de Emprego custa á Administración un mínimo de 7.500 euros/ano durante toda a súa vida laboral mentres que unha persoa que traballa mediante Emprego con Apoio custa o primeiro año 9.000 euros, o segundo 6.000 euros e o terceiro e sucesivos 4.500 euros, o que supón un 36 % de aforro respecto ao emprego protexido se tomamos como exemplo unha vida laboral de 20 anos e un 44 % de aforro nunha vida laboral de 30 anos.

Hai que ter en conta ademais que as persoas con discapacidade intelectual que traballan na empresa ordinaria non supoñen gasto algún ao Sistema de Atención á Dependencia (SAAD) e contribúen de xeito activo pagando impostos ao erario público e aportando as súas cotizacións ao sistema de Seguridade Social.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}