A lenda da NBA, Bruce Bowen, compartiu solidariamente parte do seu tempo con membros de Down Vigo, co obxecto de achegar o deporte de elite a todo tipo de públicos, fomentando a inclusión e a diversidade en todos os niveis da sociedade. Este encontro desenvolveuse no marco do programa do NBA 3X Tour 2013, presentado por BBVA, e constou dunha xuntanza na que os mozos e mozas puideron conversar coa estrela do baloncesto e dun pequeno partido-exhibición no que compartiron experiencia deportiva. Vestido cunha camiseta que Down Vigo lle regalou para a ocasión, Bruce Bowen contestou amablemente todas as preguntas dos presentes referidas tanto á súa faceta como xogador da NBA como á súa vida persoal. No transcurso do encontro aseguroulle a un dos mozos que lle preguntou polos motivos desta visita que “vir aquí é unha oportunidade para min de poder falar contigo. Non teño moitas oportunidades de poder facelo e para min é algo grande. Teño amigos coma ti e é moi importante vir aquí e dicir que non hai limitacións na vida, que están na mentalidade.
