Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

12 Setembro, 2013

» Os baristas de Down Compostela demostran as súas habilidades ante a prensa

Nove mozos de Down Compostela, divididos en dous equipos, demostraron esta mañá as súas habilidades como baristas ante os medios de comunicación. Neste encontro coa prensa, os participantes realizaron un “simulacro” da competición que realizarán o vindeiro domingo no Pazo de Lestrove, onde se celebrará o II Campionato de Baristas dirixido a persoas coa síndrome de Down. Durante a demostración púidose apreciar como se organiza o traballo dos equipos participantes. As tarefas divídense entre un presentador, encargado de informar aos asistentes do tipo de cafés que ían preparando os seus compañeiros así como as súas calidades. Por quendas, cada participante realizaba un café diferente -expresso, capuccino, e combinado de café-, sen esquecer a súa correspondente decoración e presentación. Por último, unha persoa de cada equipo, encárgase de presentalo ante o xurado. Un traballo de coordinación, precisión e motivación para alzarse co primeiro posto na final. Tras unha formación de cinco días a cargo de Cafento, organizadora do evento, tanto en Santiago de Compostela como en Vigo, os catro equipos -2 de Down Compostela e 2 de Down Vigo- competirán entre si o domingo 15 de setembro ás 12:00 da mañá no Pazo de Lestrove, en Padrón.  Os integrantes do equipo vencedor recibirán como premio a realización de prácticas de traballo nos principais hoteis de Santiago de Compostela e Vigo que, desta forma, contribuirán á inserción socio-laboral das persoas coa síndrome de Down. Os establecementos compostelás que apoian a iniciativa son os hoteis: AC Palacio del Carmen, A Tafona do Peregrino, Hostal dos Reis Católicos, NH Obradoiro, Puerta del Camino, San Lorenzo e Tryp Santiago. Tanto os cursos como o campionato son organizados por Cafento, a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Vigo, a Asociación Hostalería de Compostela e Pousadas de Compostela. O curso de Compostela desenvólvese nas instalacións de Cafento (Pol. do Tambre, Vía Faraday, 22) e está sendo impartido por Diego López, asesor barista de Cafento e formador barista homologado polol Fórum do Café. o curso de Vigo estase desenvolvendo nas instalacións do CIFP Policarpo Díaz Equipos participantes Equipo Latte Art. Down Compostela

  • Alexandro Lado
  • Dani Martínez
  • Dani López
  • Elías Ledo

  Equipo Capuccino. Down Compostela

  • Yasmin Malás
  • Cristina Feire
  • Juan Carlos Castiñeiras
  • Manuel Otero
  • Álvaro Díez

  Equipo 1. Down Vigo

  • Lara paula Gómez
  • Almudena Gesto
  • Roberto Roque
  • Victoria Giráldez
  • Pilar Troncoso
  • Sonsoles Couñago

  Equipo 2. Down Vigo

  • Alba Pérez
  • Patricia Cancelas
  • Daniel López
  • Víctor Martínez
  • Iván Giráldez
  • Iago González

   

Entradas relacionadas

Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
O grupo de teatro de Down Compostela presenta este venres a comedia ‘A pantalla máxica’ no Teatro Principal
15 Xuño, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}