Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

28 Novembro, 2013

» Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a orde que regulará a acreditación da carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal se publicará en breve. Esta foi unha das demandas que lle formularon esta mañá os presidentes da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, na visita que a conselleira realizou ás instalacións da entidade Down en Santiago. A acreditación dos SEPAP (servizos de promoción da autonomía persoal) é unha vella demanda da Federación Down Galicia, cuxas oito entidades están fomentando a autonomía persoal e atendendo a máis de 600 persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma. Beatriz Mato asegurou que os técnicos da Consellería están ultimando a orde que especificará as condicións que deberán cumprir ditos servizos e os centros nos que se imparten. Beatriz Mato comprometeuse a axilizar estes trámites e coñeceu de primeira man as reivindicacións que lle formularon Delmiro Prieto e Juan Martínez. Estes incidiron na necesidade de axustar as valoracións de dependencia ás necesidades reais das persoas con discapacidade. Ao mesmo tempo, ambos dirixentes coincidiron na necesidade de que desde a Xunta se fomente a asignación de servizos de promoción da autonomía persoal na elaboración dos programas individuais de atención. Durante este encontro, Beatriz Mato asegurou que os programas de cooperación se manterán, ao menos, ata o ano 2015 nas mesmas condicións que na actualidade. Este ano, a Consellería de Traballo destina 370.000 euros a financiar diferentes programas de inserción laboral das entidades Down en Galicia. Entre eles figuran o financiamento con 230.000 euros para contratar a 13 desempregados para a execución de diferentes programas que melloran a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down en toda Galicia. Outros 70.000 destínanse ao programa integrado de emprego para facilitar o acceso ao mercado laboral de 60 persoas con discapacidade; a contratación das orientadoras laborais para o servizo de orientación laboral (40.000 euros) e os 28.000 euros cos que a Consellaría financiou o curso de xardinería que desenvolve a Fundación Down Compostela e cuxa evolución puido comprobar a propia Beatriz Mato durante a súa visita. A responsable da Consellería acompañada pola directora xeral de Emprego e Formación, Ana Díaz, departiu durante uns minutos cos mozos e mozas que participan no curso de xardinería e puido ver como acondicionaron o xardín de Down Compostela. Beatriz Mato tamén falou durante uns minutos cos once mozos e mozas que participan no curso de introdución á horticultura e viveiro, que forma parte do programa integrado para o emprego. Mentres departía cos directivos e técnicos de Down Galicia e Compostela, a conselleira puido degustar doces e café que lle prepararon os mozos e mozas que participan no programa de autonomía e vida independente que ten en marcha Down Compostela. Na conversa, Delmiro Prieto lembroulle á conselleira a necesidade de que as persoas que nestes momentos utilizan o servizo 065 para acudir habitual ou esporadicamente ás entidades do movemento asociativo Down en Galicia teñan garantido o transporte unha vez que a Consellería remodele o 065. Beatriz Mato asegurou que todas aquelas persoas con discapacidade que nestes momentos están utilizando o 065, seguirán gozando deste dereito tras a remodelación que a consellería acometerá neste servizo

Entradas relacionadas

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Post comment

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}